Son 75. Estocolmo.

Brila o sol cando consigo taparte e a herba non molesta, nin queima o chan de uralita cando camiño descalzo polo tellado. Sorrí a memoria cando son quen de olvidarte, e non retumban voces grises no eco das miñas paredes. Lúcese o futuro cando non presides horizonte, cando non apretas pescozos, cando non empurras con desprecio. Encántame a miña vida cando non me doen os golpes, cando vexo o bonito das cousas, cando non rompiches nada. Son eu, son contento cando non sinto o teu cuspe na miña cara, cando non nos maldís, cando estas tranki, cando non che doe o espello. O mesmo espello que rime as gracias, aúpame as mañás e presencia silencioso os mexos, cando non arden os téus medos no peito.

Luce o sol, e asoma a hermosura do planeta, imponse o ben ó mal e gañan os vencidos. E entre a infinita beleza da felicidade que se cruza no meu cesped un regusto de amargura, entre tanta risa e tanto beso. por non poder, xamáis dos xamáis, compartilo tamen contigo.

Nesta cárcere de Estocolmo.

Deja un comentario